Que é EmprendeVGA?

Que é o proxecto EmprendeVGA

Aceleradora de Negocios EmprendeVGA

O Concello de Vilagarcía crea a primeira Aceleradora de Negocios do Salnés coa que pretende achegar empresas innovadores a cidade.

Os procesos de aceleración consisten en programas de formación, mentoring e/ou financiamento que supoñen en moitas ocasións un salto de calidade para os emprendedores e os seus proxectos.

A que tipo de Proxectos vai dirixido?

A calquera proxecto que se atope en fases de inicio cun enfoque innovador e con vocación de crecemento, escalabilidad e visión internacional.

É importante que a Idea de negocio ofreza solución e vantaxes claras a unha problemática para un grupo importante de usuarios, futuros clientes.

Debe existir unha ou varias necesidades concretas do proxecto sobre os que se quere traballar para acelerar o lanzamento ou consolidación da empresa.

Requisitos

O único requisito para a incorporación á Aceleradora Emprende VGA é que o proxecto teña a necesidade de aceleración e que poida aproveitar todas as oportunidades que se ofrecen desde a Aceleradora.

Que aporta a Aceleradora EmprendeVGA de Proxectos?

Para impulsar o proxecto, se implementará unha metodoloxía de aceleración que inclúe todas as fases necesarias para levarlle adiante con éxito:

  • Maduración, contraste e definición de ideas
  • Modelo de Negocio
  • Plan de Empresa
  • Proposta de valor
  • Plan innovación
  • Soporte legal
  • Mentoring
  • Plan de comunicación, estratexia de branding e lanzamento
  • Plan estratéxico de investimento e acceso a rede de inversores 

Recibirás todas as ferramentas e recursos necesarios para o crecemento e aceleración da túa empresa ou startup, desde capital semilla, ata asesoría, mentoring e apoio tecnóloxico.