A quen vai dirixido

O noso foco de atención neste proxecto de aceleración de negocios centrarase no potencial tecnolóxico, innovador, ambiental, económico, cultural, e social da Comarca do Salnés e alrededores. As principais características que deben conter os proxectos a mentorizar son:

  • Proxectos tecnolóxicos e ou innovadores:

Startups que incorporen a innovación de ideas, procesos ou tecnoloxías, para desenvolver ou reciclar os recursos propios da nosa zona. Negocios centrados nos sectores autóctonos, como o sector do mar (mariñeiro, acuícola, etc), o sector do campo e agroalimentario, o viño, o monte, o sector turístico, alimentación e vida saudable, e outros sectores relacionados ca optimización, diversificación e modernización dos recursos propios.

  • Fomento da Economía azul: Modelo macroeconómico e de negocios orientado a responder as necesidades básicas de todos os recursos locais dispoñibles. Sempre xeneranse múltiples beneficios incluso a creación de novos empregos, ampliar o capital social e aumentar os ingresos mentras que o medio ambente, a base para a nosa vida, non se daña nin se contamina máis.

A economía azul invítanos a pasar dunha economía donde o bo e caro e o malo barato, a un sistema donde o bo e innovador resulta asequible para todos e competitivo no mercado.

Criterios específicos de selección de proxectos:

  1. Proxectos innovadores, tecnolóxicos e/ou novidosos promovidos por emprendedores en producto/servicio ou proceso, en fase de desenvolvemento ou consolidación.
  2. Que a empresa esté localizada ou se constitua no Concello de Vilagarcía
  3. Proxectos que aporten un valor engadido, que consoliden o tecido, que permitan a mellora da competitividade empresarial e crean emprego no Concello.
  4. Valorarase a capacidade técnica e de xestión dos emprendedores ou equipo (preferencia de equipo emprendedor frente a individual).
  5. Proxectos realistas e con viabilidade económica, técnica e comercial.
  6. Valorarase a capacidade de internacionalización.