Raquel Argibay e Alicia Güimil
titleName

Raquel Argibay e Alicia Güimil

Ponentes de EmprendeVGA

Raquel y Alicia Ponentes de Emprende VGA

Raquel Argibay

Experiencia en planificación organizativa e xestión financeira; coordinación e capacitación de equipos; plan de empresa; comercio exterior; subvencións e proxectos de desenvolvemento a nivel nacional e internacional.

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Fac. CC. Económicas e Empresariais de Santiago, e Master en Dirección de Comercio Internacional pola Escuela de Negocios E.S.I.C. de Madrid.

Actualmente é socia xestora do espazo de Coworking Dalle que Dalle S. Coop. Galega. Asesora a emprendedores que arrancan o seu proxecto de empresa ou buscan mellorar/innovar no seu negocio actual.

Alicia Güimil

Chámome Alicia Sofía Güimil Beiras, son licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballei para a Administración Pública e vin cal era o principal problema, darse a entender á xente e que a xente a su vez pudera entender á Administración e por iso animeime a iniciar este proxecto.

Dedícome a xestionar trámites como reclamacións, impostos, escritos ante as distintas Institucións ou Entidades, aclarar dúbidas entre outros servizos. Grazas ao Coworking Dalle que Dalle decidinme a emprender e estou satisfeita da decisión tomada.

Dirección