Claves para mellorar o traballo en equipo e resolución de conflitos

Liderado

Cabe no século XXI unha empresa cunha estrutura xerárquica tradicional? Temos que tomarnos a molestia de innovar cada día. Debemos dotar ás persoas de autonomía para perseguir os seus propios soños? Debemos eliminar as estruturas xerárquicas? Existe algunha relación entre liderado e emprendemento? Que características debe reunir un líder e cales delas son comúns nun emprendedor?

Intelixencia emocional para emprendedores 

A intelixencia emocional é a capacidade que ten unha persoa para identificar, entender e manexar correctamente os seus sentimentos, de modo que se faciliten as súas relacións cos demais, a obtención de metas, o manexo da tensión ou a superación de obstáculos.

Como emprendedor enfrentaredesvos a momentos nos cales a tensión ou a presión do día a día non vos permitirá pensar con claridade ou quedamos embarrados sen saber como saír da situación.

Desenvolver a intelixencia emocional trae moitas vantaxes aos emprendedores axuda a comprenderse e coñecerse a un mesmo, as nosas motivacións, fortalezas e debilidades.

  • Gañarás Confianza
  • Terás Autocontrol
  • Poderás comunicar mellor as túas ideas
  • Crearás relacións útiles para a túa empresas
Comienzo:

09/04/2019 9:30 am

Final:

09/04/2019 1:30 pm

Tarifas y entradas

Inscríbete xa no curso pinchando no botón
Gratis

Lugar del evento