O longo das tres edicións do EmprendeVGA levadas a cabo no 2015, 16 e 17 podemos apreciar os extraordinarios resultados e valoracións obtidos por parte de todas as partes implicadas no proceso de desenvolvemento e participación deste proxecto que impulsa o emprendemento en Vilagarcía.

Alégranos contrastar a eficiencia do programa mediante os resultados de emprendemento obtidos. Na última convocatoria, das 17 persoas que participaron na mentorización do seu proxecto, 9 persoas puxeron en marcha a súa empresa. Ademais os emprendedore/as participantes valoran a súa participación moi positivamente no Emprende VGA, destacando aspectos coma:

  • A Gran calidade da formación e mentorización recibida, como se aprecia nas valoracións dos participantes a súa valoración é moi alta, dando unha lectura moi positiva da selección das temáticas escollidas e da profesionalidade, dominio da materia e claridade de exposición e comunicación dos poñentes.
  • A bpa organización e bo ambiente de traballo, o equipo organizador recibimos a retroalimentación sobre coma este programa, con estas características mencionadas, supón para os participantes un motor para expandir os seus coñecementos e para animarse a lanzar a poñer en marcha o seu proxecto.
  • A gran gratificación e axuda de traballar en grupo/rede e facer networking, o desenvolvemento deste proxecto supón a creación de grupos e comunidades de xente motivada, que se axuda mutuamente no camiño do emprendemento, incrementando a xeración de contactos persoais e profesionais; e sinerxías para levar a cabo colaboracións entre eles e xeración de proxectos novos.

Como un exemplo, vale máis que mil palabras, a continuación os propios participantes emprendedores falan brevemente da súa experiencia no Emprende VGA: