post-title Emprende VGA 2019 alcanza o seu fin!

Emprende VGA 2019 alcanza o seu fin!

Emprende VGA 2019 alcanza o seu fin!

Emprende VGA 2019 alcanza o seu fin!

Tal e como estaba previsto onte día 30 de maio celebrouse o acto de clausura do programa de emprendemento “EmprendeVGA2019” no Auditorio de Vilagarcía. Contando coa presenza de Dª María Luz Abalo, Concelleira de Economía e Facenda, e Dª Sonia Outón, Concelleira de Cultura e Xuventude, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Esta foi a V edición deste programa de emprendemento “EmprendeVGA2019” financiada polo Concello de Vilagarcía de Arousa, que xunto con outras medidas como as axudas municipais para a creación de empresas, teñen a finalidade da xeración de emprego apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Os proxectos empresariais presentados nesta edición mostraron unha gran capacidade de innovación e motivación dos emprendedore/as, así como a colaboración e sinerxías xurdidas entre os emprendedore/as, que colaboran uns cos outros nos seus proxectos de negocio. Nesta convocatoria hai proxectos de sectores tan diversos coma deportes, fisioterapia, estética, tempo libre, ventas inmobiliarias, vídeo xogos, etc.

Como  broche final tivemos a charla do invitado Marcio Edgar Barradas, fundador e CEO de Moodbytes, que despertou moito interese nos asistentes. Moodbytes é unha empresa dedicada á aplicación das novas tecnoloxías no sector alimentario. Marcio explicou como imprimen comida en 3D con ingredientes naturais, dunha forma ecolóxica, circular e innovadora.

Contacto para máis información:

www.emprendevga.com  hola@emprendevga.com

Susana Loroño e Raquel Argibay

Coordina: Dalle que Dalle Coworking

Coa colaboración de Suma Importancia

 

 

Próximos cursos do Emprende VGA 2019

Acontecimientos Pro  |  Información: no se han creado eventos. Por favor, añade algunos.