post-title COMEZA O EMPRENDE VGA 2019

COMEZA O EMPRENDE VGA 2019

COMEZA O EMPRENDE VGA 2019

COMEZA O EMPRENDE VGA 2019

O segredo de emprender con éxito: Ter un bo comezo!

Arranca unha  nova edición do Emprende VGA 2019, o Concello de Vilagarcía de Arousa presentou onte o comezo da V edición deste programa de emprendemento Emprende VGA 2019, levado a cabo como en edicións pasadas polo Coworking Dalle que Dalle.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2019/03/08/vilagarcia-abre-quinta-edicion-emprende-vga-15-proyectos-empresariales/0003_201903A8C4996.htm

O obxectivo deste proxecto é fomentar a aparición de novos negocios, con máis coñecementos e profesionalidade dos emprendedores que participen nesta formación e mentorización. Buscase a xeración de negocios modernizando e diversificando os sectores autóctonos con novas ideas ou usos alternativos e a incorporación das novas tecnoloxías no noso entorno.

  • Datas e sesións relevantes:
  • 22 marzo: 1º sesión Networking con emprendedores
  • 15 sesións formativas
  • Sesións de titorización de cada proxecto individuais
  • 1 semana de mentorización de 15 proxectos: 10 ó 16 maio
  • 23 maio: clausura e presentación de proxectos

As sesións formativas serán levadas a cabo por profesionais de contrastada experiencia. Nas diferentes áreas do mundo empresarial, como:

avaliar a idea de negocio, definir o modelo de negocio, desenvolver unha guía práctica do emprendemento, presentación en público o seu proxecto, traballo en equipo, financiación, fiscalizade, manexar os conceptos e coñecementos de marketing, comunicación e redes sociais.

Público obxectivo: Vai dirixido a persoas emprendedoras que queiran impulsar a súa idea de negocio, a proxectos que se atopen no seu comezo, desenvolvemento ou mellora.

Traballadores ou empresas en proceso de reciclaxe profesional

Tamén estudantes do último ano de ciclos ou universidades

  • Novidades:

Poucos cambios respecto á edición anterior debido a que a IV edición funcionou moi ben, combinando as sesións de formación, a titorización individual de cada proxecto e a semana de mentorización final.

Aumentouse ó contido en marketing que é unha parte esencial a hora de coñecer os canles e estratexias de venta.

Incorporamos conceptos novos para potenciar a innovación como “glocalización” pensar globalmente e actuar localmente, e a economía circular: utilización de recursos onde a redución, reutilización e reciclaxe e o obxectivo.

Como arredor do 80% de participación neste proxecto de emprendemento son mulleres e o lanzamento coincide ca semana do día da muller, eliximos o color “morado” para a cartalería.

  • Datos de edicións pasadas, Resumo Total 4 Emprende VGA:

Participaron na mentorización: 62 proxectos de negocio mentorizados

Iniciaron a empresa: 32 proxectos.

  • Como inscribirse:

A través da web www.emprendevga.com

Información: 986 188 467 Dalle que Dalle Coworking

Próximos cursos do Emprende VGA 2019

Acontecimientos Pro  |  Información: no se han creado eventos. Por favor, añade algunos.