I Edición de PREMIOS as iniciativas emprendedoras – Emprende VGA2017.
As bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal)
Posto en marcha polo Concello de Vilagarcía de Arousa co obxectivo de impulsar e premiar as iniciativas innovadoras e favorecer a visibilidade dos emprendedores, impulsando a creación de novas empresas, que na súa formulación e desenvolvemento implican a promoción económica do concello, a innovación en produtos, servicios ou procesos e a utilización dos recursos autóctonos.
EN QUE CONSISTEN OS PREMIOS
A convocatoria dos presentes premios terá lugar nas 3 seguintes categorías:
- Premio á mellor iniciativa empresarial
- Premio á actividade comercial máis innovadora
- Premio ao mellor proxecto turístico relacionado co mar.
Cada un dos premios consisten en:
- Recoñecemento público dos 3 proxectos premiados como mellores proxectos emprendedores ou innovadores do Emprende VGA 2017.
- Mentorización e asesoramento dos 3 proxectos de forma individualizada. durante 3 meses, dende o 15 setembro ó 15 de decembro do 2017. Esta mentorización levarase a cabo no espazo coworking “Dalle que Dalle”.
- Contribución dun capital sémola de 3000 Eur a cada proxecto.
PRAZOS
O prazo de presentación de candidaturas remata o 11 de agosto de 2017.
INSCRICIÓNS:
Inscríbete enviando a túa solicitude, xunto coa documentación requirida, preferiblemente na sede electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal), ou presencialmente a través do rexistro xeral do Concello, mediante solicitude dirixida ao dpto. de Promoción Económica.
As bases completas poden consultarse na sede electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal)
+ INFORMACIÓN:
www.emprendevga.com
986.188.467
Noticias: