Reflexión sobre a comunicación oral
Concha Diéguez de Reverso Comunicación
Contar, convencer, vender. Conseguir transmitirlle ao potencial cliente o valor do noso produto, do noso servizo.
Expresarte de forma correcta, expoñer os feitos de maneira adecuada, ser conciso. Estes son algúns dos factores que poden darnos o éxito nunha negociación.
Comunicar e facelo ben xoga un papel fundamental neste proceso. É preciso que teñamos un discurso, pero ademais que estea estruturado, que conte unha historia e que cumpra un fin.
Como contas, como transmites o que fas, o que vendes, é fundamental para alcanzar o éxito na venda. E ao mesmo tempo, a forma que lle dás ao que contas, como elixes os conceptos, como ordenas as ideas, e como o personalizas en función do tipo de público, todo é significativo.
E tan importante coma iso é ter un estilo de comunicación, coñecérmonos, saber que facemos cando nos comunicamos, con que fórmulas alcanzamos unha maior comodidade, e a partir das cales nos vemos capaces de alcanzar o éxito.
Por isto é fundamental partir dun punto esencial: preparar o que imos expoñer con anticipación, ser un mesmo, sentir comodidade co que estamos contando e coa forma en que o facemos, potenciar os nosos puntos fortes, traballar nos puntos débiles e sobre todo… desfrutar do proceso.