post-title A orixinalidade e paixón no proceso de emprender

A orixinalidade e paixón no proceso de emprender

A orixinalidade e paixón no proceso de emprender

A orixinalidade e paixón no proceso de emprender

Emprender é o proceso de xerar valor a partir de ideas. Pero ideas temos moitas e incluso é posible que teñamos as capacidades necesarias para implementalas nun proxecto empresarial pero no fondo sabemos que non todas son recomendables para nos embarcar con elas. Dadas as características do propio proceso de emprender, hai dous criterios de valoración que nos poden axudar a discriminar entre as nosas ideas de café: a orixinalidade e a paixón.

A ausencia de orixinalidade nun proceso de emprendemento poderíanos facer dependentes da idea doutra persoa ou dunha idea moi común. Nestes casos, aínda que teñamos a propiedade dunha empresa e a responsabilidade administrativa sobre un proxecto, o noso carácter emprendedor ten limitada a súa capacidade para aportar ao éxito final.

Polo que se refire á paixón, é importante encontrar un equilibrio entre traballar no que nos apaixona e poñerlle paixón a aquelo no que traballamos. Parece un matiz moi sutil pero se aceptamos que emprender e/ou innovar, non e unha acción senón unha maneira de facer as cousas, traballar en algo que nos gusta moito fará que as nosas enerxías e motivacións estean alienadas cos nosos obxectivos. Porén, no caso de poñerlle paixón ao que sexa que facemos, este tránsito das emocións vai retirar parte da enerxía que precisamos para levar a bo porto o noso emprendemento.

Se temos paixón por levar adiante as nas nosas ideas máis orixinais, non estaremos só a xerar oportunidades de futuro senón que no camiño estaremos a vivir os nosos soños porque non debemos perder nunca a perspectiva de que emprender vai moito máis aló do acto administrativo que nos convirte en empresarias ou empresarios. No proceso de xerar valor a través das nosas ideas pouco aportan os trámites de entrega de documentación nunha ou varias fiestras da administración. É a nosa capacidade para traballar por unha ilusión o que nos axudará a saír con éxito das múltiples e diversas situacións que enfrontaremos constantemente nas nosas vidas se somos persoas con espírito emprendedor.

Juan Marcos Pérez Gulín

Próximos cursos do Emprende VGA 2019

Acontecimientos Pro  |  Información: no se han creado eventos. Por favor, añade algunos.