“Crear Empresa”

Aceleradora de Negocios EmprendeVGA 2018

O Concello de Vilagarcía de Arousa promove a IV edición do Emprende VGA, o obxectivo deste programa de emprendemento é fomentar a aparición de novos negocios, modernizando e diversificando os sectores autóctonos con novas ideas, usos alternativos e incorporación das novas tecnoloxías na Comarca Arousana.

O Proceso de aceleración consiste en xenerar un entorno propicio e facilitar os recursos necesarios para facer que un negocio arranque, creza e se desenvolva, para saír o mercado en condicións competitivas, e aumentar significativamente a probabilidade de éxito do proxecto empresarial incipiente,

  • Acelerar e apoiar proxectos de negocio innovadores e con potencial de crecemento.
  • Contribuír o desenvolvemento local e rexional.
  • Promover a innovación e a tecnoloxía nos proxectos.
  • Xerar unha cultura emprendedora e colaborativa.
  • Xerar autoemprego.
  • Pertencer a unha comunidade emprendedora. Recibir validación e acompañamento nos seus proxectos de negocio.
  • Obter orientación, formación e capacitación para o negocio.
  • Encontrar o lugar apropiado para presentar e vender o proxecto. Networking
  • Promover a “economía azul”: utilizar os recursos locais e naturais para a xeración de novos negocios.
  • Impulsar a “economía verde”: un ecosistema innovador.
  • Diagnosticar as debilidades que poidan presentar os novos proxectos co fin de buscar solucións e correccións.